Unha exposición recupera a vida de Sofía Casanova, a primeira correspondente de guerra galega

Dosier: Sofía Casanova

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:

Aproveitando que se cumpren cincuenta anos da súa morte, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento organiza un ciclo para recuperar a figura de Sofía Casanova. Co título A atormentada Polonia de Sofía Casanova celébranse unha exposición, proxeccións, conferencias e mesas redondas que sirven, non só para coñecer a historia da primeira correspondente de guerra galega, senón tamén coñecer a historia da Polonia do século XX. Afondamos na figura de Sofía neste dosier.

O seu perfil biográfico, fotografías e bibliografía no Álbum de Mulleres

Unha película conta, en formato de falso documental, a historia da correspondente e da maleta na que gardaba os seus diarios. Consulta a ficha de
A Maleta de Sofía en AVG

Saga fixo un documental que conta cando en 1899 a intelectual foi vivir a Cracovia, na rexión de Galicja, hoxe fragmentada nas actuais Ucraína e Polonia.
Chámase: A outra Galicia

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Quiosco: Mazarelos 3

Quiosco: Mazarelos 3

A Revista de historia e cultura aborda desde os videoxogos á vida de Sofía Casanova na súa última entrega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra, Polonia, Morte, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento...