O CCG lembra á xornalista Sofía Casanova

Proxectarase o documental "A maleta de Sofía"

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O CCG lembra á xornalista Sofía Casanova

Co gallo do centenario da Primeira Guerra Mundial, a Comisión de Igualdade do CCG organizou un evento para lembrar a figura de Sofía Casanova. Faino coa proxección e coloquio do documental que recupera a historia desta reporteira de guerra que terá lugar en dúas cidades: o luns 14 no Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña), ás 20:00 h. e o martes 15 na sede do CCG (Santiago) ás 17 h. Ao remate da proxección haberá un coloquio a cargo de María Filipowicz-Rudek, o director da cinta (Marcos Gallego) e a profesora da USC Marta Pérez Pereiro.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Guerra, Igualdade, USC...