Un disco para manter viva a memoria musical de Rianxo

Educaldea e a Asociación Barbantia recuperan e poñen en valor a patrimonio musical

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Como “a mellor demostración dun secular e fecundo diálogo entre a tradición e o futuro de todos nós” considera Xosé Luis Axeitos, académico da RAG a gravación e edición do CD Son de Rianxo no que el asina un texto a modo de introdución. Dezaseis cortes de música tradicional a cargo de gaiteiros e formacións da zona do Barbanza, como Ramón Carou, Xosé Figueiras, Os Cangrexeiros ou Río do Anxo entre outros conforman este disco do que se tiran 1.000 exemplares e que presentan hoxe ás 20:30 horas no CEP Brea Segade de Taragoña. O disco é froito dun traballo de recollida sonora e gráfica por parte de Educaldea, un proxecto de educación activa coordinado por docentes de dito centro escolar, en colaboración coa asociación cultural Barbantia. A gravación realizouse nos estudos da Radio Galega.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Barbantia

Quiosco: Barbantia

O Anuario de Estudos do Barbanza chega á súa sétima entrega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rianxo, Barbantia, Educación, Cortes...