A Galicia antillana: formación e destrución da identidade galega en Cuba, 1899-1968" e mais Los "gallegos" en el imaginario argentino. Literatura, sainete, prensa son os dous tÃtulos da colección Galicia Exterior que se presentaban esta mañá na sede do Consello da Cultura Galega. A primeira destas obras, editadas pola Fundación Barrié e mais polo propio Consello, céntrase nos procesos de creación da identidade dos emigrados galegos en Cuba e adéntrase de xeito pioneiro na relación dos nosos emigrantes coa revolución neste paÃs. O segundo volume, pola súa banda, fai unha análise da figura do galego na literatura e en manifestacións culturais coma o teatro, a zarzuela ou o humor gráfico en Arxentina no comezo do século XX.