Un libro sobre os galegos que axudaron a construír o canal de Panamá abre a colección Galicia Exterior

Un canal editorial

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O Consello da Cultura Galega e a Fundación Barrié acaban de iniciar unha aventura conxunta. Chámase a colección “Galicia Exterior” que pretende editar investigacións relacionadas coa colectividade galega emigrada. O vicepresidente da Fundación Barrié, José María Arias, e o presidente do CCG, Ramón Villares, asinaron esta mañá o convenio que fai posible esta colección editorial. O primeiro volume leva por título “Pro mundi Beneficio: os traballadores galegos na construcción do canal de Panamá” no que Juan Manuel Pérez fai un percorrido pola historia dos máis de 5.000 galegos que axudaron na construcción do canal.

Máis información no web do Consello da Cultura e no da Fundación Barrié

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, Ramón Villares, Consello da Cultura Galega