A imaxe dos galegos na emigración

A obra Los “gallegos” en el imaginario argentino. Literatura, sainete, prensa analiza a pegada dos emigrantes

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
A imaxe dos galegos na emigración

Nos últimos tempos as acepcións negativas que en Arxentina se lle aplican tradicionalmente ao termo "galego" provocaron airadas reaccións no noso país. No entanto, a imaxe que se lle deu neste país aos nosos emigrantes non foi unicamente negativa. Fronte ao estereotipo que pintaba os nosos emigrantes coma persoas incultas e rudas, mantívose tamén a sona de traballadores honrados e esforzados. A maiores, a importancia que adquiriron distintos persoeiros desta colectividade deu tamén en representacións individualizadas que se afastaban dos tópicos.

Imaxe 1
1/7
Imaxe 2
2/7
Imaxe 3
3/7
Imaxe 4
4/7
Imaxe 5
5/7
Imaxe 6
6/7
Os galegos como protagonistas do humor gráfico
7/7

No libro Los “gallegos” en el imaginario argentino. Literatura, sainete, prensa, editado pola Fundación Barrié co asesoramento do Consello da Cultura Galega, a investigadora arxentina María Luísa Lojo, fai un percorrido polos galegos no imaxinario arxentino nos comezos do século XX. A literatura, o teatro ou o humor gráfico son algúns dos medios nos que lle sigue a pista ao xeito en que nos representaron no Cono Sur.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Arxentina, Humor, Teatro...