O cabaré científico é o prato forte da Semana Galega da Ciencia

As actividades desenvolveranse do 10 ao 23 de novembro por toda Galicia

4/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
20 lecturas | Compartido 0 veces
A Unesco declarou este 2008 como Ano Internacional do Planeta Terra. Un feito polo que a Semana Galega da Ciencia xira este ano arredor das Ciencias da Terra. En total, do 10 ao 23 de novembro achegaranse máis dun centenar de actividades entre proxeccións, concursos, obradoiros ou itinerarios didácticos. Entre todas elas destaca o cabaré Cientifico “SOS Plante Teatra” que desenvolve o Grupo de Teatro Chévere. Un espectáculo desenvolvido por máis dunha ducia de artistas que tocan diferentes disciplinas (teatro, música, maxia, malabares…) e que se presenta os días 6, 7 e 8 na Sala Nasa para logo ir de xira por toda Galicia.

Universo culturagalega.gal

Universos