A nova Lei de Residuos regulará o refugallo industrial e incementará as multas

É a primeira norma integral sobre esta cuestión en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Por primeira vez, unha Lei de Residuos contemplará a problemática dos residuos industriais, animais, de minas, os solos contaminados e outros alén dos urbanos, únicos con lei específica ata o de agora. O Parlamento de Galicia aprobaba onte este proxecto de lei, que pretende ser a norma marco neste ámbito para o noso país. Entre outras medidas, o texto prevé novos mecanismos de control sobre o tratamento de residuos, a posibilidade de establecer actuacións de urxencia e un incremento destacado na contía das sancións neste campo, que poderán chegar aos dous millóns de euros. Colectivos coma a Federación Ecoloxista Galega criticaron que o texto continúe a contemplar a incineración, aínda que valoraron aspectos positivos no mesmo.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Parlamento de Galicia, Federación Ecoloxista Galega, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)