A Xunta ultima unha nova Lei de patrimonio natural

O proxecto prevé a creación de microrreservas e novas ferramentas de xestión

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

O Consello da Xunta que se celebrou onte aprobaba iniciar a tramitación do novo anteproxecto de Lei de patrimonio natural de Galicia. Este novo texto, que prevé substituír a Lei de conservación da natureza de 2001, regulará os espazos naturais protexidos e como principal novidade neste ámbito creará a figura de microrreservas, áreas con menos de vinte hectáreas que coteñan hábitats raros ou de especies ameazadas. Na mesma liña, obrigará a desenvolver de xeito simultáneo a declaración de novos espazos naturais e das súas correspondentes normas de xestión, con vistas a axilizar a protección efectiva do mesmo. Ademais, prevé unha nova normativa de protección de especies ameazadas, para as que se quere aprobar un plan de recuperación e deconservación cara a 2020. Segundo adiantou a Xunta, a nova lei establecerá tamén un réxime de sancións que poderán chegar ata os dous millóns de euros, fronte aos 300.000 que establece como máximo a norma actual.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lei de Patrimonio, Natureza

Claves