A Unión Europea ameaza con denunciar o Estado pola falta de tratamento de vertidos na Ría de Pontevedra

A Ría que chega a Bruxelas

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Aínda que a denuncia da situación ambiental da zona é vella, foi onte cando a Comisión Europea ameazou o Estado Español con o levar ante os tribunais se non crea "un sistema axeitado" de recollida e tratamento de residuos na Ría de Pontevedra. A ameaza da UE non se refire unicamente aos residuos urbanos senón que tamén apunta aos vertidos industriais e sinala a existencia de restos de mercurio nestes efluentes. Onda o caso de Pontevedra, a Comisión sinala a existencia de até duascentas localidades españolas que incumpren a lexislación comunitaria ao respecto.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Unión Europea, Bruxelas, Galicia Hoxe...