Unha película sobre a violencia xuvenil faise coa Gran Calpurnia do Festival de Cine de Ourense

A realizadora ferrolá Peque Varela, faise co premio Eixo Atlántico pola súa curta 1977

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Unha película sobre a violencia xuvenil faise coa Gran Calpurnia do Festival de Cine de Ourense

O lema desta edición era Celebrando a diversidade e precisamente isto foi o que fixeron os diferentes xurados do Festival de Cine Independente de Ourense (OUFF) cos seus premios. Moito cine europeo e moito cine social no palmarés. A Gran Calpurnia (18.000 euros) foi para a longametraxe alemá Weltstadt, que relata a agresión real a un indixente. Non coincidiu o público co xurado, que se decantou por unha película máis optimista, comoO brinde do chileno Shai Agosí. Ademais, e fóra de toda previsión, o xurado quixo outorgar unha mención especial a Pradolongo “polos valores de galeguidade e a imaxe que transmite de nós por todo o mundo” dixo Enrique Nicanor, o director do encontro.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Calpurnia, Festival de Cine de Ourense, Peque Varela...