O MARCO abre unha mostra na que sete artistas compoñen unha visión crítica da realidade

Cada artista ten o seu propio espazo autónomo dentro da exposición conxunta

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Mónica Bonvicini, Tania Bruguera, Kendell Geers, Thomas Hirschhorn, Teresa Margolles, Jorge Perianes e Fernando Sánchez Castillo son os artistas que fan parte de 7+1 Project Rooms, a mostra que inaugura hoxe o Museo de Arte Contemporánea de Vigo. O proxecto pretende aproveitar a parte baixa do centro con sete mostras persoais (e autónomas entre sí) nas que cada artista reflexiona sobre temas sociais: política, poder, violencia, xénero, medio urbano... O resultado é un conxunto de presentacións cun marcado espírito crítico sobre a sociedade actual.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Bruguera, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)