A artista portuguesa Susanne S. D. Themlitz (Lisboa, 1968) tomou a pranta baixa do Museo de Arte Contemporánea, MARCO de Vigo, para presentar un proxecto pensado para este espazo. Con 'A linguaxe das cousas mudas' Themlitz, ademais de ofrecer unha reflexión sobre a memoria dos materiais, a vida do propio centro e a súa contorna, revisa as diferentes formulacións estéticas da súa traxectoria, cunha montaxe que busca a sorpresa do público, ao pensar de modo diferente cada unha das salas. Segundo o comisario e director do centro, Miguel Fernández-Cid, Susanne Themlitz constrúe un mundo con autonomÃa en cada espazo. A partir da grande instalación visual e sonora construÃda con canas de bambú no primeiro dos patios, a circulación pola planta baixa continúa por unha sala concibida a xeito de arquivo ou laboratorio da artista, e dende aà vai transitando pola idea dunha paisaxe habitada, a través dun conxunto de obras en distintos formatos que se van apropiando dos espazos.
Na súa evolución a portuguesa defendeu unha práctica artÃstica na que recorre aos medios e materiais máis próximos. As súas pinturas iniciais e obxectos de pequena escala e de tratamento denso, deron paso a fotografÃas e recreacións de paisaxes transportables, xeralmente habitadas por pequenos personaxes. Nas últimas décadas, dende a súa dobre residencia, portuguesa e alemá, formula unha obra ambiciosa na que plasma as ideas en debuxos e pinturas sobre papel ou muro, esculturas, fotografÃas, vÃdeos, obxectos, textos, xunto a materiais recollidos dos almacéns das instalacións nas que expón. Esta exposición permite repasar os intereses estéticos da artista, a evolución da súa obra, e a súa mirada sobre a cidade que acolle a mostra. Ata o 13 de abril de 2025 poderá visitarse no museo olÃvico.