Comeza unha nova xira. Os escenarios: Arteixo, Oleiros, Cambre, Culleredo e Carral. E os protagonistas son pequenos grupos e formacións locais que chegan da man dun promotor de excepción como é a deputación da Coruña. E no fondo de toda esta iniciativa está o interese de encher os escenarios dos concellos da área metropolitana convertendo ós veciños nos protagonistas.
Cultura local
Este mediodÃa o titular da Deputación da Coruña, José Luis Torres Colomer terá un almorzo coas alcaldes dos concellos da área metropolitana (a saber Arteixo, Oleiros, Cambre, Culleredo e Carral). E esta xuntanza servirá de lugar de información no que Torres Colomer lles informará dos futuros plans e proxectos que ten prevista a entidade de preside, entre os que se encontra o de converter a estes municipios en grandes escenarios. Pero en grandes lugares de exhibición de un tipo de eventos moi pouco promocionados, que son os das pequenas asociacións e formacións locais, basicamente de teatro e de música. E todo isto co patrocinio da Deputación da Coruña que investirá nesta medida uns 600.000 euros na organización de actividades teatrais e musicais co obxectivo de promocionar estas manifestacións artÃsticas de carácter non profesional entre os veciños.
Actividades musicais
En virtude destes programas os veciños que conforman toda a área metropolitana terán a oportunidade de coñecer de primeira man as actividades que desenvolven pequenas formacións locais. A programación que desenvolverán nos vindeiros meses teñen o seguinte itinerario:
- Cambre: Os grupos Coruña Quintett e as solistas Eva Rivera e MarÃa José Landra serán os encargados de abrir este gran programa.
- Arteixo: daranse cita os compoñentes da Ensemble Diagonal de Sine Nomine, Presto Vivace e Aube.
-Culleredo: o concello de Culleredo acollerá na súa programación o trÃo Artabria e Orquestra de Cámara de Galicia, quizais as formacións máis evolucionadas desta programación.
- Oleiros: a localidade de Oleiros acollerá o Coro de Cámara Madrigalia, Coruña Big Band e un cuarteto de saxofons.
A oferta musical completarase coa actuación das bandas de música tradicionais e grupos folclóricos como Airiños de Fene ou a coral de Betanzos, que amenizarán ós veciños da comarca.
Actividades teatrais
Pero o prato forte da programación organizada dentro deste programa está na oferta teatral que é máis abondosa que a musical. E dentro dos espectáculos xa confirmados para esta gran xira están os seguintes:
- En Oleiros actuarán os Monicreques de Kukas, Teatro do Adro, Teatro do AquÃ, Teatro do Galileo e Teatro Maltés.
- En Culleredo farán o propio os grupos PÃfano, Espello Cóncavo, Trinke Trinke, Antonomaxia e Balea Branca.
- En Arteixo, Carral e Cambre os encargados de amenizar e dar forma a esta xira serán as compañÃas Rara Avis, Ta Titi Teatro e San&San.