Vinte municipios acollerán 130 montaxes do ciclo de Teatro Amador

A iniciativa figuraba no Plan Galego das Artes Escénicas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Son montaxes para nenos e adultos, de todos os xéneros (drama, comedia...) pero comparten o denonimador común de que son promovidas por compañías afeccionadas. O ciclo de Teatro Amador que organiza a Consellaría de Cultura comeza a súa andaina por vinte concellos e contará con 130 montaxes que se sucederán ata o mes de decembro. Esta iniciativa pretende revitalizar a rede de agrupacións teatrais de tipo local e afeccionado por toda Galicia, tal e como figuraba no Plan Galego das Artes Escénicas, que xa contemplaba a creación deste ciclo.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Montaxes, Teatro, Artes Escénicas, Comedia