Fomentar a creación, conservación, protección, recuperación e difusión. Estes son os principios obxectivos da polÃtica cultural do goberno estatal para 2009. Asà se desprende no borrador de orzamento do Ministerio de Cultura que se pode consultar no web do de EconomÃa. A crise tamén afecta ao ámbito cultural e o departamento dirixido por Cesar Antonio Molina sofre un dos incrementos máis baixos (0.5%) con respecto ao ano anterior. Isto supón mudar algúns proxectos anunciados. Non figura no borrador a conversión do Instituto da CinematografÃa e Artes Audiovisuais en Axencia (contemplada na Lei do Cine). Entre as novidades destaca a reorganización administrativa para poder incorporar como eixe de actuación o fomento das industrias e empresas culturais. Este cambio supón crear liñas de préstamos e subvencións dos custes financeiros e axudas para modernizar a adaptación tecnolóxica das empresas, entre outras medidas. O obxectivo último, segundo di o borrador, é “reducir progresivamente o peso das subvencións directas para desenvolver unha polÃtica de apoio á empresa cultural”. Nesta dirección, Cultura impulsará a transformación do INAEM nunha Axencia.