O cine anega a programación do CGAC en outubro

As proxeccións fan parte da colaboración da institución con outras entidades

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Hai tempo que o CGAC lle presta unha atención particular na súa programación ao cinema. E este mes de outubro é un exemplo evidente desta relación. En primeiro lugar porque acollerá a II edición de Cinecidade-As cidades imaxinarias que organiza a delegación santiaguesa do Colexio de Arquitectos. Blade Runner ou Metrópolis son algúns dos traballos que se poderán ver do 7 ao 10 de outubro. Unha semana despois acollerá as programacións de Curtocircuíto, o festival de curtametraxes do Concello de Santiago (17 ao 24) para rematar o mes coas proxeccións da Artist Film and Video Association (28-30) e os seus traballos fílmicos experimentais.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Curtocircuíto, Concello de Santiago, Colexio de Arquitectos...