O Teatro Principal acolle a segunda edición do Festival Internacional de Curtametraxes

Martes curto

17/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“En teoría”, “Round 5”, “AB+”, “Proverbio Chino”, “Medianeras”, “Spain”, “Avatar”, “Contratempos” e “Homes de palla” son algúns dos traballos que se poden ver na segunda edición do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto que organiza a Santiago Film Comission, co apoio do concello de Santiago. As proxeccións de hoxe terán lugar noTeatro Principal en dúas sesións (de 20 a 22 horas e de 23 a 01:00 horas). Ademais, na gala inaugural que tivo lugar onte, o traballo "Medianeras" de Gustavo Taretto recibiu o Premio do Público, dotado con 1.500 euros.

Mais información no web de Curtocircuito

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Curtocircuíto, Concello de Santiago

Claves

Conceptos