Patricia Ferreira e Xose Luis Ledo levan o audiovisual galego ó Festival de Málaga

Vigovisións

O venres comezaba en Málaga unha das cita do audiviosiual cos festivais. E entre o cartel de produccións que se exhiben hai dúas referencias galegas. Na sección oficial está a segunda obra de Patricia Ferreira, "O alquimista impacente" que comparte protagonismo con outros catorce traballos. E por outra banda Xosé Luís Ledo presenta o seu documental sobre a rapa das Bestas, "Bestas". E de proxección cara fóra é o que está a facer o concello de Vigo que acaba de acudir ó certame "Expolocation". Trátase dunha das citas máis prestixiosas no sector en EE UU e que servíu para "vender" a cidade como destino idóneo para a realización de produccións cinematográficas.

En Málaga


Comeza o festival de cine de Málaga e temos todos os ollos postos nos filmes que figuran na sección oficial. E que por primera vez está unha producción galega. Trátase de "O alquimista impaciente" a adaptación cinematográfica da obra que leva o mesmo título e que se alza como o segundo traballo da cineasta Patricia Ferreira. Esta obra, que foi rodada en Madrid, é unha producción de Continental Producciones e recrea un filme policíaco que supón un guiño á exitosa serie de televisión "Expediente X". A película está baseada na obra de Lorenzo Silva que ten o memo título e coa que gañou o premio Nadal no 2000. Este último proxecto de Continental Produccións ten un presuposto de 380 millóns de pesetas e conta coa participación de numerosos actores galegos, entre os que destaca Monti Castiñeiras e Santi Prego.
E por outra banda, a outra das produccións galegas que se exhibe en Málaga é "Bestas" , o documental informativo de Xosé Luís Ledo Andión que pretende dar conta de como se celebra a Rapa das Bestas en diferentes localidades. Con este traballo reinaugurouse ou refundeuse Nós Productora Cinematográfica.

Vigo-EEUU


Os comerciantes vigueses saben que unha rodaxe deixa cartos. Unha experiencia que xa coñeceron con "Lena" e máis recentemente con "Los lunes al sol" de Fernando León. E por iso decidiron personarse en "Expolotacion", un dos certames norteamericanos máis importantes do sector do audiovisual. E a súa finalidade non era outra máis que a de promocionar a localidade viguesa como escenario e destino idóneo para a realización de produccións cinematográficos.
A cita tivo lugar en Los Angeles do 12 ó 14 de abril e ofreceu información sobre miradores, paseos pola ría, aloxamentos, comunicacións e infraestructuras, pero tamén respecto ó soporte técnico preciso para as produccións cinematográficas.
Ademais, tamén quixeron dar cont das vantaxas fiscais existentes nos múltiples municipios coa fin de facilitar a rodaxe de películas e documentais.