Ferrol celebra o seu 150 aniversario con fotografías, cine e conferencias

A exposición celebra a sinatura dun Real Decreto de Isabel II que lle concedía o título da cidade

30/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

O Torrente Ballester estreará o vindeiro 13 de outubro a primeira das exposicións coas que o concello pretende conmemorar o 150 aniversario de creación da cidade. A primeira mostra de fotografía exhibirá 60 retratos realizados por seis fotógrafos locais co interese de amosar un reflexo da realidade. Pero non é a única actividade organizada para celebrar a publicación do decreto que lle outorga ese estatus, xa que está previsto realizar un ciclo de cine (en colaboración co CGAI), outro de conferencias e mais unha exposición de fotografías de Ferrol comprendido entre a visita de Isabel II e o seu pasamento (1858-1904).

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Cine, Exposicións, CGAI...

Claves

Entidades