Falece Xesús Jares, un dos pais da Educación para a Paz en Galicia

En decembro presentarase o terceiro volume da súa obra Educación e paz

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Coruña, fundador de colectivos coma Educadores pola Paz de Nova Escola Galega e presidente da Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz, Xesús Jares é considerado unanimemente coma un dos principais impulsores da educación para a paz en Galicia. O pasado sábado falecía vítima dunha longa enfermidade, e domingo os seus restos foron incinerados en Vigo nunha cerimonia civil. Precisamente para o vindeiro dez de decembro está prevista a presentación do volume colectivo Educación e paz III. Literatura e paz, obra que coordinara Jares e na que participan corenta creadores das nosas letras.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Nova Escola Galega, Literatura, Universidade da Coruña...