A Universidade de A Coruña sinala nun estudio que medra a violencia nos institutos

Violencia ó saír de clase

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A violencia nos institutos de ensino secundario está a medrar, segundo as conclusións dunha investigación patrocinada pola Universidade de A Coruña. Jesús Rodríguez Jares, coordinador do proxecto, presentou onte un adianto dos resultados nas Xornadas de Educación Especial que se están a celebrar en Compostela.

Datos

A pesar de que as conclusións finais do Estudio sobre a conflictividade e a convivencia" presentaranse a finais de ano, o adianto feito onde sinala que os institutos son escenario de abondosa violencia verbal, física e mesmo de intimidacións. Ademais, sinálase que existen resistencias entre os profesores para aceptar a diversidade do alumnado, entendéndose como diversidade os diferentes niveis de rendemento entre dos alumnos ou con problemas de aprendizaxe.


Método e causas

O estudio realizouse mediante entrevistas a 11000 alumnos e a 1000 profesores, sendo unha das investigacións máis amplas feitas sobre este eido en todo o Estado. O coordinador, Rodríguez Jares, sinalou a falta de recursos e de preparación dos profesores para facer fronte ós conflictos do ensino, considerando que o sistema de capacitación de profesores (CAP) non funciona.


Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Educación, Ensino, Santiago de Compostela