Os conflictos no mundo, a súa solución e o seu ensino no I Encontro sobre a Paz

Os males do mundo

A paz, a guerra, a violencia e a solución de conflictos foron as palabras máis repetidas desde onte no salón de actos do Consello da Cultura Galega. E é que deu comezo o "I Encontro Internacional sobre Cultura de Paz" que congregará ata mañá sábado a quenes máis saben nisto da resolución de conflictos. E para falar do tema onte estiveron Francisco Mayor Zaragoza, que falou da necesidade dun novo contrato social para romper o círculo "a violencia xenera violencia". Moito máis metodolóxico, estivo o profesor Johan Galtung, unha personalidade na resolución de conflictos que estivo presente nas conversas para solventar algúns dos enfrontamentos dos últimos corenta anos. E hoxe, na segunda das xornadas, as principais aportacións quixeron centrarse na forma par ensinar a formar os docentes.


Formar os formadores

Se a primeira xornada se centrou en analizar os conflictos, a de hoxe foi mirar cara ó mestre, é dicir, mirar cara os profesores e os docentes na cultura de paz e analizar os seus métodos. Un labor no que levan traballando 17 anos, o Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP), do que o seu presidente, Manuel Dios, reivindicou a necesidade de renovar as formas do ensino, unha necesidade que se centrou basicamente na necesidade de aplicar outros métodos pedagóxicos que consigan que os alumnos saian da escola, "con capacidade para solucionar conflictos". Nese mesma dirección Calo Iglesias, antigo coordinador do SGEP, abordou a necesidade de asumir que os conflictos son precisos no interese de comprender os cambios sociais, como unha forza motriz de evolución. E que neste perfil, os mestres deben ensinar a solventar os conflictos dun xeito pacífico. De aí a importancia de irse renovando nos métodos e na necesidade de instruír para a paz.











"Violencia xenera violencia"


A primeira xornada do congreso que organiza o Seminario Galego para a Paz, en colaboración co Consello da Cultura Galega, estivo cargada de multitude de actos que deixaron bo sabor de boca. Entre outras cousas porque os relatores encargados de ofrecer as súas experiencias eran xente ben coñecedora do que falaban e que, ó longo da súa vida, foron testemuñas de excepción de moitos dos conflictos que aconteceron no mundo. O plato forte do día foi o primeiro, coa intervención de Federico Mayor Zaragoza quen espuxo as súas teorías e o seus plantexamentos necesarios para conseguir unha situación estable de paz. A súa conferencia baseouse nun diagnóstico da situación actual que quixo resumir na premisa de "a violencia xenera violencia". E por iso, estableceu a necesidade de comezar a construir os piares que comezasen a construir "un mundo novo". Unhas situación que presupón un replantexamento e recondicionamento dos postulados da creación da Organización das Nacións Unidas para comezar a construir as pontes dunha sociedade mellor. E para esa sociedade mellor, na que se cambie a violencia pola paz, Mayor Zaragoza estableceu a necesidade de crear un "novo contrato". Un contrato que afecte ó mundo social, cultural, político, económico e medio ambiental que manteña a riqueza cultural e loite contra a uniformidade que se prentende no día de hoxe.
As conferencias de onte completáronse cos postulados de Johan Galtung, profesor e personalidade implicada en numerosos procesos de paz. Galtung espuxo unha conferencia que estableceu unha filosofía epistemolóxica das fases do drama. Así, en primeiro lugar está o conflicto non transformado, en segundo lugar a Organización, en terceiro a violencia (que é o propio conflicto) e, como última fase están as tres R (reconstrucción, reconciliación e resolución). A última fase ten un proceso importante porque é o momento no que, segundo Galtung, cómpre facer un salto, unha ruptura para saír no círculo da vinganza.












Ecofeminismo e inxerencias internacionais

Xa pola tarde, Rafael Grasa, fixo unha intervención na que estivo facendo un repaso polas "novas caras de la guerra", xa que considera que existe un salto cualitativo entre a forma dos conflictos a partires dos noventa e os anteriores. Un feito que lle servíu de base para afondar no concepto de "inxerencias internacionais humanitarias", que considera que é unha expresión perigosa que nace da idea de que os dereitos humanos están por riba da soberanía.
A xornada da tarde continuou co ecofeminismo ou feminismo ecolóxico.