Os VI encontros de Mondariz Balneario céntranse na política militar e socioeconómica de América Latina

A ausencia de Vidal Beneyto cúbrese cun café-tertulia público

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A realidade de América Latina é o eixe principal dos VI Encontros de Mondriz-Balneario. Unhas xornadas que se desenvolven ata mañá e que contarán coa presenza do politólogo Jorge Verstrynge, dos xenerais en xefe de Chile –Juan Emilio Cheyre– e de Nicaragua –Javier Alonso Carrión–, do ensaísta cubano Iván de la Nuez e do xornalista peruano Luis Esteban González Manrique para achegar distintas perspectivas políticas, militares e socioeconómicas. Canda a isto Pedro Puy Fraga e mais Xosé Carlos Arias ofrecerán a óptica galega sobre esta cuestión. A gran ausencia deste encontro foi o profesor José Vidal Beneyto que, por motivos de saúde, tivo que suspender a súa conferencia, na que tiña previsto falar das políticas neoliberais.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con América Latina, Mondariz, Chile