Cinco concellos reclaman o recoñecemento das rutas Xacobeas da área de Vigo

Defenden dúas alternativas ao Camiño Portugués

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Representantes dos concellos de Vigo, Redondela, Nigrán, Mos e A Guarda reuníronse onte durante unha hora na Cidade Olívica. O encontro, ao que tamén foi convidado Tomiño, quería achegar posturas de cara a presentar unha proposta conxunta para que se recoñecan as vías de peregrinación que pasan por esta zona de cara ao Xacobeo 2010. Segundo espuxo na xuntanza Abel Caballero, alcalde vigués, a reclamación afecta ao coñecido coma Camiño Portugués da Costa, que pasa por Baiona, Nigrán e Vigo e chega a Redondela e mais a unha segunda ruta que pasa por Tomiño e Gondomar antes de chegar á cidade Olívica.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Peregrinos baixo as vides

Peregrinos baixo as vides

A reivindicación do Camiño do Ribeiro acumula probas históricas desta ruta de peregrinación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Camiño Portugués, Cidade Olívica, Nigrán...