O director e debuxante David Rubín preséntanos o filme de animación Espírito do bosque

Cinco salas achegarán a versión en galego do filme

11/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Mañá chega ás carteleiras as aventuras de Furi, Linda, Piorno e Cebolo. As personaxes que descubrimos en O bosque animado vólvense enfrontar aos señores Dabondo nun filme cun claro contido ecoloxista. O espírito do bosque da factoría Dygra terá seis copias en galego e conta con novos directores: Juan Calvo Pena e o debuxante David Rubín. Este último adiántanos algunhas das características deste filme que chegará a duascentas cincuenta salas nunha aposta firme e decidida da empresa coruñesa.

Das 13 copias que se verán en Galicia, cinco contarán con versión en galego. Son os Filmax da Coruña e Lalín, o Gran Vía de Vigo, os Multicines Centro de Lugo e o Gran Vía de Vigo.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Animación, Dygra, Vigo...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares