Anjelica Huston e Sean Astin serán as voces da versión americana do filme “Espírito do Bosque”

Voces con moito espírito

15/4/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A malvada señora D’Abondo, empeñada en destruír o bosque a toda costa será Anjelica Huston; Sean Astin, que fixo de Sam no “Señor dos Aneis”, será a voz da toupa Furi, e o protagonista de “Hellboy”, Ron Perlman, será “Carballo” a árbore que representa a sabedoría e a esencia mesma do bosque. Son os actores confirmados que achegarán as súas voces na versión americana da terceira película de animación de Dygra, “O espírito do bosque” . A produción, da que aínda non se deu a coñecer as voces da versión española, estrearase en todo o mundo despois do verán.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Dygra, Carballo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares