Pontevedra experimenta coa arte no Encontro de Arte Sonora e Videocreación

Alta fidelidade

Se xuntamos expresión sónica e visual, os metemos en obradoiros lle damos un formato de festival e xuntamos a artistas innovadores coñecidos a nivel galego temos un "Encontro de arte sonora e videocreación". Un evento que durará un único día e que contraá cn música en directo, a presencia de íeo arstias, e con obradoiros. E todo isto será o que se desenvolva o vindeiro xoves en Pontevedra, no marco da facultade de Belas Artes.

Programa




Da fusión da experimentación coa arte, o sonido con altas doses de talento creativo xorde o IFI, ou o "I Encontro de Arte Sonora e Vídeocreación" que terá lugar este xoves en Pontevedra. E esta cita coas novas artes está cargada de actos. Haberá propostas de fronetira, instalacións, performances, ruido, arte ambiental, obradoiros de audiocreación, e creadores galegos e internacionais. Pero non só serán artistas, no sentido plásico da palabra. Haberá tamén músicos, djs, vjs, colectivos de producción. E todo isto situarán este encontro nun lugar de encontro e de cruzamento non só de disciplinas, senón tamén de visións e maneiras de comprender as formas da expresión contemporánea.

Durante todo este día haberá unha serie de programas:

No programa espacio A estarán SINSALaudio Sound-System djs de Vigo, e tamén de Vigo Minúsculo directo e Longina audioperformes, Nyda Directo (Bilbao), @c+Lia. Petudela/P. Almeida/M. Carvalhais que traen 4lap Tops+3 Reaktor+1 d Director para participar nos programas de Directo e chegan desde Portugal e Austria.
No programa que forma parte do espacio B están o Colectivo Flexo e Imput Select desde Pontevedra. Desde Vigo Adaline, Xoán Anleo, Carmen Nogueira e Antonio Doñate, desde A Coruña DSK (Esferobite), Ourense Carlos Nieto e Arturo Fuentes; desde Tenerife exhibirá Ignacio García, e completa este espacio Berio Molina (desde Lugo. A Fonsagrada) e Rubén Ramos en Santiago de Compostela.

Complétase o programa cos obradoiros "Nuendo+Vst Instruments" e "Síntese sonora: Reaktor ou a nova linguaxe musical".












Experiencia no seu entorno



E os encargados de botar a andar este proxecto son a productora viguesa SINSALaudio, o Colectivo Flexo de Pontevedra e a delegación de alumnos da Facultade de Belas Artes. Deste xeito pretenden retomar experiencias creativas que xa tuveron pequenos bocetos con anterioridade. Un dos anteriores proxectos foi "Lost in sound" unha experiencia creativa que tivo lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea. Unha cita na que tomaron parte artistas e creadores que repiten experiencia agora en Compostela.
Polo demais, con esta cita pretende retomar aquela cita e volver a situar a Galicia no fío doutros proxectos creativos que teñen lugar noutros lugares e que xa son referencia. Trátase do "Observatori" de Valencia, "Zeppelin" de Barcelona ou o "Situacións" de Cuenca.