Industria inviste 173.000 euros en recuperar os xardíns do Pazo da Marquesa

Este espazo en San Sadurniño posúe árbores destacadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Os xardíns do Pazo da Marquesa, en San Sadurniño, recuperaranse mediante un investimento de 173.726 euros. A Consellaría de Industria e mais o Concello asinaban onte un convenio para pór en valor este espazo, no que se conservan varios exemplares de árbores centenarias. As actuacións prevén habilitar paseos e áreas de descanso. Industria inclúe esta iniciativa nas accións destinadas a incrementar os atractivos turísticos da área Ferrol-Eume-Ortegal.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Sadurniño, Consellaría de Industria, Ferrol, Eume