O 1% Cultural financiará a recuperación do xardín botánico de Padrón

Fomento investirá 152.000 euros nesta iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Xardín Botánico-Artístico de Padrón, situado na propia alameda da vila, recibirá un investimento de 152.116 euros a cargo do 1% Cultural. A comisión mixta entre o Ministerio de Fomento e mais o de Cultura decidiu financiar os traballos de rehabilitación deste espazo, que inclúe delimitación e feche de varios espazos, reordenación das árbores e plantas presentes no conxunto, e sinalizar as especies entre outras actuacións. O Xardín está declarado Ben de Interese Cultural.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Padrón, Ben de Interese Cultural, Ministerio de Fomento

Claves

Lugares