"Arte e palabra pola paz". Un tÃtulo moi significativo coa que a Fundación Araguaney pretende xuntar fondos en beneficio do pobo palestino. E tamén solidaria, pero sen afán recaudatoro, é a mostra que o escultor Fernando Casas exhibe na galerÃa viguesa VGO. E remata o panorama de exposicións coa última mostra do Centro de Arte Atlántica da Coruña que exhibe a pintura autobiográfica de Correa Corredoira.
Santiago solidaria
A Fundación Araguaney acaba de celebrar un acto máis de apoio ó pobo palestino. E fÃxoo con arte e con palabras, os que forman parte dun acto que chamou "Arte e palabra pola paz". A mostra prentende recaudar fondos que se doarán á Cruz Vermella e á Media lúa vermella en beneficio do pobo palestino. Ademais, os cartos taméns e empregarán para o progrma que a Fundación pon en marcha cada verán e que pretende traer nenos palestinos a pasar uns dÃas a Galicia. E esta mostra fala de arte e de letras. Arte porque a sala de exposicións da fundación acolle un total de 38 pezas que pertencen a Jorge barbi, Xaime Quessada, Acisclo Manzan, Vari Caramés, Xoán Piñor, Mónica Trastoy, Itziar Ezquieta, Carmen Hermo, Antón Patiño, Menchu Lamas e Antón Sobral.
E a segunda parte deste acto benéfico, o que atende ás letras, trátse de libros asinados por autores de prestixio como Vázquez Montalbán, Josep Ramoneda ou Ignacio Ramonet.
Vigo tamén solidaria
E a galerÃa VGO tamén acolle outra mostra solidaria. E non porque o que se recaude vaia parar a mans dalgunha asociación, senón polo fondo da obra que se exhibe. Trátase da exposición escultórica de Fernando Xasa, que denuncia a situación na que se atopan algunhas das tribus indÃxenas das selva do Brasil, onde se aplica un capitalismo salvaxe que non respecta formas de vida orixinais. A mostra está caracterizada pola abondosa presencia da cor branca o que pretende amosar un compñente crÃtico e non de esperanza, proque pretende simbolizar os xenocidios indÃxenas que se levan a cabo e dos que non se fala. Fernando Casas naceu en Gondomar pero desenvolveu a súa materia na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A súa obra amosa unha paixón pola riqueza etnográfica dos trópicos brasileiros polas tribus indÃxenas na que a natureza goza dunha importante presencia.
Atlántica
A última exposición do Centro de Arte Atlántica acolle unha mostra autobiográfica. Concretamente a de Correa Corredoira que presenta un colección pintada sobre diferentes materiais ( tea, madeira desgastadas.... ) onde a luminosidade e a cor azul son os efectos máis destacados. Entre outras cousas porque foi a luz, segundo explica o autor a O Correo Galego, as que máis marcaron a súa vida. Corredoira ten fixado un doble domicilio. Por unha banda en Galicia (onde está de maio a setembro) e pola outra en Cádiz (o resto do ano) e no que atopou unhas luces ben distintas e que quixo plasmar na súa obra.