O Colectivo Escoitar e o Centro Coreográfico crean "unha paisaxe para ser bailada"

A peza estréase hoxe no Festival dos Abrazos de Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Colectivo Escoitar e o Centro Coreográfico crean "unha paisaxe para ser bailada"

O colectivo Escoitar.org xuntou en novembro do ano pasado a un grupo de alumnos do seu obradoiro no Centro Galego de Arte Contemporáneo e gravaron 40 sons da cidade de Santiago. Con ese material, publicado no mapa sonoro en liña dispoñible no web do colectivo, o compositor Carlos Suárez compuxo unha "paisaxe sonora para ser bailada" titulada Cadra Santiago. Os intérpretes físicos desta paisaxe serán os bailaríns do Centro Coreográfico Galego, que bailarán esta peza de sons composteláns esta noite ás 21 h. nos xardíns de Fonseca da Universidade de Santiago. Cadra Santiago é, segundo os seus creadores, unha "creación que busca expandir a escoita somerxéndonos nun espazo cuadrafónico".

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Centro Coreográfico Galego, Obradoiro

Claves

Conceptos
Lugares