Representantes das editoriais Kalandraka e FaktorÃa K atópanse na cidade chinesa de Tianjin para participar nunha nova edición da Feira Internacional do Libro de China que se celebrará do 1 ao 4 de setembro. Ambas editoriais buscan reforzar os seus lazos co mercado asiático, non só na exportación de libros, senón tamén na súa tradución, que no caso de Kalandraka xa se materializou con obras como “Renato”, “Paxaros na cabeza” ou “Avós”, esta última do avilés residente en Cambados Chema Heras. En datas coincidentes coa celebración da pasada Feira do Libro de Xapón, o pasado mes de xullo, Chema Heras e a ilustradora de “Avós”, Rosa Osuna, participaron en varias actividades de promoción desta obra, a máis internacional de Kalandraka, traducida a todas as linguas peninsulares, a brasileiro, inglés e a chinés, coreano e xaponés. Os autores impartiron unha charla no Instituto Cervantes de Toquio e participaron en varios actos de presentación do álbum en librarÃas da cidade, onde mantiveron encontros cos lectores e asinaron exemplares. Tamén se realizou unha exposición das ilustracións orixinais de Rosa Osuna.