As Casas Museo da Coruña non chegan ao turismo da cidade

Tres das catro non suman 6.000 visitantes en todo o verán

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

As Casas Museo da Coruña non conseguen chegar a un número significativo de turistas, segundo os datos que recolle unha noticia publicada hoxe en El Ideal Gallego. O piso no que viviu Picasso só acadou 320 visitantes durante este verán e a penas 903 visitantes pasaron pola Casa de Casares Quiroga, que ofrece información sobre o coñecido político da República e a súa filla, a célebre actriz María Casares. A heroína da cidade continúa a espertar o maior interese entre os visitantes: a vivenda convertida na Casa de María Pita obtivo 4380 visitas no que vai de verán.

A información que publica o medio -que non inclúe datos da Casa Museo Pardo Bazán, sita nos edificios que ocupa actualmente a Real Academia Galega na rúa Tabernas-, sitúa ás Casas Museo dentro dos produtos menos visitados da oferta museística da cidade. No mesmo período do verán, o Museo Arqueolóxico de San Antón acadou máis de 20.000 visitas. sinala a preeminencia da rede de Museos Científicos da cidade nas preferencias de turismo cultural na Coruña (case 600.000 visitas no 2007) e o importante movemento cultural asociado ás dúas grandes Fundacións de bancos durante o ano pasado: Caixa Galicia (300.000 visitantes) e a Barrié de la Maza (105.000).

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Turismo, María Casares, Picasso...