Viñetas desde o Atlántico é o gran escaparate da banda deseñada galega, por iso non é de extrañar que xenere expectativas ano tras ano. Autores, editores e usuarios aproveitaron a rede para contar a súa experiencia. Óscar Iglesias, colaborador do festival, aproveitou para facer unha particular crónica debuxada desta edición. Máis crÃtico é o editor Ricardo Mena, que publicou un artigo no que fala da desorganizacion, desinformación e, con respecto aos autores convidados, di deles que “non teñen tirón suficiente”. Nesta liña sitúase, Julio Pesquero, coordinador do grupo de tecnoloxÃas da información e da comunicación das bibliotecas municipais da Coruña, que incide na escasa información e na pouca antelación coa que se soubo o cartel. A isto engádese unha unha galerÃa fotográfica do colectivo Polaqia mais o vÃdeo elaborado polo programa Miraxes da Televisión de Galicia.