O Ateneo Ferrolán decidiu conceder a Mención de Gaita de Ouro Constantino Bellón correspondente ao ano 2008 ao programa da TVG ALALÁ pola súa labor de difusión e defensa da música tradicional galega. O acordo tomado en Xunta Directiva polo xurado dos prestixiosos premios de gaita recoñece así a este programa dirixido por Senén Bernárdez e presentado por Pilar García Rego que xa ten no seu haber outros importantes premio como o galardón ao mellor programa de Tradición musical outorgado pola Academia das Ciencias e das Artes de Televisión en 2007 e o Premio Galicia Comunicación da Xunta no mesmo ano. A entrega do premio terá lugar o próximo domingo día 31 de agosto, as 20:30 horas, no Teatro Jofre de Ferrol coincidindo coa Final do XVIII Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón.