A gastronomía e a música incorpóranse ao festival do cine euroárabe Amal

O certame renova a súa imaxe corporativa para integrar as novas propostas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A vindeira edición do Festival Euroárabe Amal botou a andar formalmente coa presentación da súa nova imaxe corporativa. Un novo deseño que incorpora a lingua árabe ao cartel e que serve de carta de presentación dun certame que renova a súa estrutura. Mentres o apartado competitivo mantén a dinámica de edicións anteriores, as sección paralelas compleméntanse con varias sesións de gastronomía e música. A sexta edición terá lugar do 25 ao 31 de outubro, aínda que non será ata setembro cando se coñeza o cartel definitivo. En todo caso, na presentación da nova imaxe avanzouse que entre as películas participantes destaca Ahlaam ("Soños") do iraquí Mohamed Al Daradji, o primeiro filme rodado en Irak trala invasión americana.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Amal, Gastronomía, Cine, Irak

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares