A temática do encontro está clara: a cultura árabe. Pero o festival ábrese cada ano máis a diferentes manifestacións para achegar a cultura árabe. Empezou sendo un encontro exclusivamente cinematográfico, pero foi incorporando música, gastronomÃa e danza a medida que foron sucedéndose as edicións. A última arrinca mañá coa proxección do filme Zindeeq, de Michel Khleifi, gañador en 1987 do premio da crÃtica internacional no Festival de cananes e da Cuncha de Ouro de San Sebastián. Por diante quedan seis dÃas no que haberá oco para ficción, documentais e numerosas actividades paralelas.
O encontro tamén se desenvolverá na rede, onde o sábado se publicará a palabra que dá orixe a Amal Express, o concurso de creación de curtametraxes. Do 23 ao 30 de outubro terá lugar a oitava edición deste encontro que organiza a Fundación Araguaney co apoio de numerosas institucións (desde o Concello de Santiago ata a Axencia Española de Cooperación Internacional).