O mundo árabe é protagonista en Santiago da man do Festival Amal

A cita esténdese ata o domingo con filmes, concursos, danza e gastronomía árabe

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Os irmáns Joubran abriron onte coa súa música (son coñecidos baixo o nome Le Trio Joubran) unha nova edición do Festival de Cine Euroárabe. Un encontro que pretende achegar a realidade árabe ao público e que co actual contexto político e social está máis en boga que nunca. Malia que as actividades paralelas do certame comezaron a fin de semana (cursos de gastronomía, baile e caligrafía árabe, entre outros) hoxe arrinca sección competitiva. Faino coas curtametraxes pensadas para público infantil en sección de mañá, e con filmes que recollen as revoltas exipcias de xaneiro (Erhal. Diario de la Plaza Tahrir), a historia dos músicos na república do Yemen (Yemen) ou o obradoiro que Óliver Laxe rodou en Tánxer con menores dun centro de acollida (Todos vós sodes capitáns).O certame, que se desenvolve ata o domingo, conta cun apoio de 16.878,70 euros grazas a un acordo que os organizadores subscribiron coa Consellaría de Cultura.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gastronomía, Amal, Danza, Cine...

Claves

Entidades
Lugares