A Fundación Castelao homenaxea a Ánxel Casal no lugar no que apareceu o seu corpo fusilado

Foi o fundador da editorial Nós que publicou a Castelao, Risco ou Cunqueiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Fundación Castelao homenaxea a Ánxel Casal no lugar no que apareceu o seu corpo fusilado

Foi membro das Irmandades da Fala e amosou un compromiso forte para a contrución nacional desde o ámbito cultural. Ánxel Casal (1895-1936) foi o editor por excelencia dos anos vinte e trinta porque publicou a todos os clásicos do momento, desde os homes da Xeración Nós (Otero, Risco, Castelao…), así como os intelectuais que formaban parte do Seminario do Estudos Galegos, máis a todos os poetas novos daquela (Carballo Calero, Manuel Antonio, Cunqueiro…). A Fundación Castelao e a Asociación de Recuperación da Memoria Histórica A Oliveira, lembran a súa figura ás 20:30 horas en Cacheiras (Teo), no lugar no que apareceu o seu corpo fusilado en 1936.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Ánxel Casal, Fundación Castelao, Manuel Antonio...