Cultura convoca as axudas ás producións audiovisuais baseadas en criterios culturais

A convocatoria prima criterios culturais tal e como establece a Unión Europea

18/8/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega. Destina un total de 3.100.000 euros (800.000 menos que o ano anterior) e introduce numerosas novidades. Dunha banda, en canto aos beneficiarios destas axudas, que poden ser persoas físicas ou xurídicas situadas nun estado da Unión Europea con sede en Galicia. Doutra que se crea a modalidade de ópera prima ou segunda longametraxe e desaparecen os formatos innovadores e pilotos de televisión. Ademais, por primeira vez, a convocatoria axústase aos criterios establecidos pola Comisión Europea que prima na súa valoración os aspectos culturais (ata 35 puntos dun total de 60) por riba dos puramente financeiros (un máximo de 7.5).

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Unión Europea, Ópera, Lingua galega, Comisión Europea