Dous galegos participan na comisión que redactará o anteproxecto da Lei de Patrimonio Histórico

O borrador do texto presentarase no Ministerio de Cultura en decembro de 2009

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A normativa española ten que actualizarse e conter as novas figuras de protección que recolle a normativa internacional. Por ese motivo, o Boletín Oficial do Estado publicou onte o listado de profesionais que se encargará de redactar o anteproxectoda Lei de Patrimonio Histórico. Entre os especialistas figuran dous galegos: a presidenta da delegación compostelana do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAC), Idoia Camiruaga, e o coordinador da Área de Humanidades e Ciencias Sociais do CSIC no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Felipe Criado.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lei de Patrimonio, Ministerio de Cultura, Felipe Criado, Colexio de Arquitectos de Galicia...