O MARCO terá máis de seis exposicións e contará co apoio económico da Xunta

A arte con cartos

Máis MARCO. As últimas noticias que tivemos do Museo de Arte Contemporáneo da cidade de Vigo, foi que se presentou en ARCO dun xeito efectista. E agora, volve á palestra para ofercer máis datos sobre a xestión e o sentido deste museo. En primeiro lugar porque a Xunta de Galicia acaba de subscribir un convenio polo se se compromete a sufragar parte dos gastos da xetión e mantemento do museo.

Cartos




O futuro 25 ou 26 de outubro (a data oficial non se coñece porque está prevista a confirmación da presencia dalgún membro da Casa Real) abrirá as súas portas o Museo de Arte Contemporánea de Vigo. E ante tan inmintente data continúan pechándose os acordos que aseguren o futuro económico do museo. E o último deses acordos é o que acaban de subscribir o concellal de cultura vigués, Carlos Príncipe, e o conselleiro de Cultura, Jesús Pérez Varela. Un convenio en virtude do que a Consellería aportará 450.000 euros (uns 75 millóns de pesetas) ó ano para sufragar parte dos gastos de xestión e de mantemento do museo. Pero a súa aportación económica non se reduce a isto só, senón que como entra a formar parte do padroado do museo como socio fundador público, aportará a tamén unha aportación inicial de capital de 60.000 euros (uns 10 millóns de pesetas). Unha partida que se destinará basicamente a adquisición de mobiliario urbano. E, polo demais, a Xunta tamén aportará 150.000 euros (25 millóns de pesetas) entre os meses de outubro e decembro para contrinuir á posta en funcionamento das instalacións do museo.

Son partidas presupostarias que non cubren, nin de lonxe, as necesidades económicas que ten o MARCO. De feito, os técnicos do museo, estimaban en 2,7 millóns de euros o coste de mantemento anual das instalacións.

Polo demais, dentro do capítulo de gastos, temos que Caixanova e o Concello participarán o padroado do Museo con 900.000 euros anuais.












Idea



De momento é pouco o que se sabe da concepción do Museo de Arte Contemporáneo. A información que chega é que vai ter unha xestión a través dun padroado propio e que pretende manter un ritmo de seis grandes exposicións anuais sobre pintura, vídeo e música. E sobre todo, o que xa se afirmou é que contrá con legado do músico Enrique Macías e a colección de obras irase creando pouco a pouco. De momento, a colección contará cos depósitos do Museo Quiñones de León e as adquisicións feitas en ARCO.