A Deputación adía ata setembro o fallo do seu premio de cómic

A contía do premio é de 6.500 euros mais a publicación da obra

4/8/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
18 lecturas | Compartido 0 veces

O gañador do “Premio Castelao de Banda Deseñada” que convoca a Deputación da Coruña non se saberá ata setembro. Malia que ata o momento o galardón se entregaba no marco das xornadas “Viñetas desde o Atlántico” que o concello da Coruña organiza cada agosto, a Deputación decidiu adialo ata o próximo mes. Fontes da Deputación apuntaban que se trata dunha decisión que pretende potenciar, incrementar e visibilizar o mundo do cómic.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Castelao, Banda deseñada, Premio Castelao de Banda Deseñada...