As aventuras de Astérix volverán publicarse en galego

Eduardo Blanco Amor foi o primeiro en traducir o cómic en 1976

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A editorial Salvat Bruño editará as historias de Astérix e Obélix en galego. Así o confirmou a Mesa pola Normalización Lingüística que, a través das súas Mocidades, iniciou no 2005 unha campaña pola galeguización desta banda deseñada. Segundo esta fonte, será no outono, cando estean á venda as publicacións no noso idioma, como tamén estará o triplo tomo co que se festexará as bodas douro do nacemento das aventuras creadas por Goscinny e Uderzo.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Astérix, Cómic, Eduardo Blanco Amor, Banda deseñada...