Sarabela Teatro regresa aos balnearios de principios de século na súa ultima montaxe

O asombro da auga é un dos pratos fortes do “Verán Máxico” do concello de Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Sarabela Teatro regresa aos balnearios de principios de século na súa ultima montaxe

As noites dos vernes e os sábados de agosto de Ourense levan o nome de Sarabela Teatro. Despois de varios anos de proxectos de dinamización cultural en diferentes concellos da provincia, o grupo de teatro volcou os seus esforzos na cidade, presentando unha montaxe feita ex-profeso para diferentes escenarios de Ourense. A montaxe chámase “O asombro da auga” e conta a historia de Jimena e Elisa Fernández de la Vega, primeiras licenciadas en Medicina en España e expertas en termalismo, que chegan a Ourense.

O espectáculo concibido por Sarabela Teatro segue o seguinte esquema: comeza ás 19:30 cun pasarrúas pola cidade, ás 20:30 na Praza Maior comezan a subir os pasaxeiros ao Tren das Termas, que os levará de balde áo Muíño das Veigas, onde ten lugar o a representación escénica propiamente dita.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Sarabela Teatro, Concello de Ourense, Medicina...