Arte de hoxe e de onte. Isto é o que se vai a conxugar no Centro Galego de Arte Contemporánea que estes días ultima unha mostra moi importante que abrirá as súas portas o vindeiro día 12 de abril. Trátase dunha retrospectiva de Navarro Baldeweg, un artista que cultivou pintura e escultura con gran acerto e que destacou polo seu traballo no museo das covas de Altamira. E se seguimos no CGAC, para ver cómo o seu departamento de restauración "trata" as súas obras.
Navarro Baldeweg
Comeza o mes de abril, e con el as novas programacións preparadas polo CGAC. E entre as novidades que presenta o centro está unha mostra retrospectiva do pintor e arquitecto Navarro Baldeweg. Unha mostra que se iniciará o vindeiro 12 de abril e que pretende afondar na súa traxectoria a través de 21 cadros. Unha mostra que comezará por reflectir as abstraccións de Navarro nos anos sesenta, que daría paso a figuras máis humanizadas nos setenta, para rematar nos oitenta achegándose ó formato clásico de pintura e que nos noventa vira cara a paisaxe.
E o CGAC pretende afondar, a propósito desta exposición, na arquitectura. E por iso desde o vindeiro luns 8 e o xoves 11, celebrarase no centro galego un ciclo de conferencias impartidas polo historiador, crítico, escritor e artista William J. R. Curtis. Un ciclo de conferencias que se titula "Apuntamentos sobre a invención. Catro arquitectos ibéricos " e que se centrarán nas obras dos arquitectos Alejandro de la Sota, Rafael Moneo, Álvaro Siza e Juan Navarro Baldeweg.
E do outro lado da arte
Seguimos no CCAC, pero do outro lado, do expositivo, nesas salas que ninguén ve pero que desenvolven un traballo arredor da restauración da arte Un traballo velado que desenvolve, na trastenda do CGAC Thais López. Sobre todo neste centro, no que o seu sentir e o seu obxectivo é a Arte Contemporánea que, malia que nova, estase volvendo vella a causa da calidade dos materiais. E é que os novos útiles que empregan os artistas acusan bastante o paso do tempo. Sobre todo os plásticos, que é un dos materiais estrela empregados polos principais creadores nóveles. Pero os materiais non son os únicos culpables do deterioro desta obras, o outro problema son os constantes traslados das mesmas, que determinan cambios bastante bruscos no que é o seu estadio e hábtitat natural. A temperatura, o grado de humidade no ambiente e a súa ubicación son tamén características a ter en conta e que condicionan o estado de conservación das obras de arte.
E máis exposicións
E se as institucións inauguran novas mostras, as galerías non son alleas, de feito, agroman novidades na Galería Trinta e na Galería Clérigos de Lugo. Empezamos por Trinta onde Manuel Saiz une arte e publicidade coa súa última "Mind Your Own Business" ("Métete nos teus asuntos"). Unha mostra que estará ata o vindeiro 2 de Maio que reflexiona sobre o papel que representa unha galería de arte contemporánea nunha pequena cidade de provincias e sobre a relació da arte contempránea co público xeral.
E en Lugo, o artista monfortino Roberto González Fernández, leva a súa última obra, "Encontros" á Galería Clérigos de Lugo. 19 obras realizadas entre o 2000 e o 2002 denominadas "Arriaza" e que pretenden sacudir ó lector cunha visión humanizada e de cor azul sobre o seu entorno. González inclúe nesta exposición obras que petencen a mostras colectivas que xa expuxo en Europa e en EEUU.