O xurado concede a Hotel Paradiso e o público a A verdadeira historia dos irmáns Marx os premios da mostra de Ribadavia

O traballo da Asociación de Actores e Actrices recibe o premio de honra

Ribadavia despediu este domingo a feira de teatro máis importante de Galicia, a MIT. E fíxoo entregando os seus premios, tanto aos espectáculos como os de textos teatrais. O xurado concedeu o premio a mellor espectáculo de sala a Hotel Paradiso de Familie Flöz e o do espectáculo máis innovador foi para Golulá, de Galitoon. O premio de honra recaeu na Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Por último, o do público foi para A verdadeira historia dos irmáns Marx de Teatro Meridional, mentres que o Abrente para textos teatrais foi para Carlos Losada Galiñáns.