A Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Premio de Honra na Mostra de Teatro de Ribadavia

O director da Mostra destaca "a loita en favor de dignidade do noso teatro"

11/7/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O director da MIT, Rubén García, destacou a “profesionalidade e a loita en favor da dignidade do noso teatro” da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. A entrega do Premio de Honra levarase a cabo o día 26 de xullo, no peche da MIT. O acto levarase a cabo ás 22.30 horas no auditorio do Castelo, xusto antes do espectáculo co que se pecha a Mostra, Aeroplanos, da compañía Lagarta Lagarta. No mesmo acto entregarase o Premio Abrente para textos teatrais escritos en lingua galega, que recibiu este ano catorce orixinais, e os galardóns que anualmente se conceden ás compañías participantes na MIT.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, MIT, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Lagarta...