O Premio Espiral Maior de Poesía vai para un escritor portugués

Presentáronse douscentos seis libros de Galicia, Brasil e Portugal

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O poeta luso Amadeu Baptista (Porto, 1953) acadou coa súa obra Açougue o Premio Espiral Maior na súa décima sexta edición. O xurado decidiu por unanimidade outorgarlle o premio a esta obra presentada baixo o pseudónimo Francis Bacon. O portugués gañou o certame ao que se presentaron 206 obras de Galicia, Portugal e Brasil. O premio está patrocinado por Ámbito Cultural de El Corte Inglés e está dotado con 15.000 euros e a publicación de dous mil exemplares dentro da colección Espiral Maior. Açougue é una crónica persoal que á vez presenta una crónica colectiva de fondo histórico do pobo e da cultura do seu país.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espiral Maior, Portugués, Brasil, Portugal...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares